CAMPAÑA "AQUÍ NO SE TIRA NADA"
As alumnas de 2º Cm Xestión Administrativa, fan referencia a esta campaña do Ministerio de Agricultra, Pesca e Alimentación para tomar conciencia dos desperdicios tanto a nivel alimentario, de roupa,...
Cantos kilos de comida se desperdician ao ano?
A nivel mundial, cada ano desperdícianse 121 kg de alimentos por persoa, 74 kg só nos fogares.
Cal é o alimento que máis se desperdicia en España?
Segundo as estadísticas, os alimentos que compramos e tiramos sen chegar a consumilos son:
- Carnes conxeladas 16,7%
- Salsas 15,9%
- Cafés e infusións 12,2%
- Legumbres 8%
- Sopas, cremas e caldos 10%
Que pasa coa comida que se tira?
Cando tiramos os alimentos ao lixo, tiramos o traballo, a auga e os recursos que se utilizaron no seu cultivo, na fabricación, no seu transporte, etc. Ademáis, se estos alimentos chegan a un vertedoiro e se pudren, producen metano, gas de efecto invernadoiro máis potente que o dióxido de carbono, é dicir, contamina máis que os coches.
O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, ten unha campaña que lle chama AQUÍ NON SE TIRA NADA, campaña institucional dedicada ao consumo responsable e a prevención do desperdicio alimentario e da que nos queremos facer eco.
No seguinte enlace tedes máis información
Campaña aquí non se tira nada. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Canto contamina a roupa?
A compra de roupa, calzado e produtos téxtiles aumenta cada ano. Para cubrir a dita demanda, a industria, usa recursos hídricos, contamina ríos, mares, acuíferos e terras e, ademais, emite un 10% das emisións totais de carbono (isto supón máis do que contaminan todos os voos e transportes marítimos de todo o mundo).
O triste é que o 85% acaban en vertedoiros e algúns dos materiais usados na roupa, acaban no mar en forma de micro plásticos.
Ademais, na súa fabricación, utilízanse produtos químicos moi contaminantes e perigosos.
Conseguir roupa de segunda man está cada vez máis de moda e moitas tendas recollen a roupa usada e te premian con descontos. É unha forma máis de conciencia.
Canto contaminan os electrodomésticos?
O impacto ambiental dos electrodomésticos, grandes e pequenos, non se limita ao seu uso diario senón a toda a súa vida, desde a fabricación ata a súa eliminación. Durante a súa fabricación, a extracción de materias primas e o consumo de enerxía contribúen á folla ambiental. Ademais, ao final da súa vida útil, a súa eliminación formula desafíos en termos de xestión de residuos electrónicos e reciclaxe. Segundo a EPA, só arredor do 20% do total de residuos electrónicos recíclase adecuadamente, o que significa que o 80% termina en vertedoiros liberando así substancias tóxicas. É crucial considerar o seu impacto ambiental para implementar prácticas sustenibles e reducir a contaminación asociada a estes produtos. É importante comprar electrodomésticos que aforren enerxía e á hora de renovalos, desfacernos dos vellos de forma adecuada. Por lei, as tendas teñen que facerse cargo dos electrodomésticos, grandes e pequenos, para a súa correcta eliminación.
Canto contaminan as pilas?
Como todos sabemos, as pilas son dispositivos que empregan enerxía química para producir enerxía eléctrica. O que non todos sabemos é o que contaminan se non as depositamos no lugar correcto. Reciclándoas recuperamos metais valiosos para a súa reutilización. Tanto as pilas como as baterías contaminan e moito, unha soa pila pode contaminar ata 600.000 litro de auga. Liberan substancias como o chumbo, cadmio e mercurio, o que impacta negativamente na vida silvestre e a saúde humana.
As pilas e baterías utilízanse nunha gran variedade de produtos de uso diario, están nos xoguetes, xerais, reloxes, mandos a distancia, etc. Ao refugalo indebidamente, contaminan ríos, terras e os que acaben en vertedoiros pode chegar a explotar e provocar a fuga de substancias químicas, co rego que isto leva.
Hoxe en día estase traballando niso, fabricando pilas e baterías máis eficientes, como as baterías de Litio-que son máis livianas, maior capacidade de almacenamento e contaminan menos. Usar recargables é outra maneira de contribuír. Apunta isto: As pilas e baterías debes levalas a puntos de reciclaxe especializados para a súa correcta disposición derradeira. En todos as cidades e pobos hai contedores especiais para elas e aposta polas recargas. Requires menos enerxía en recargar que en fabricar unha nova.
Canto contamina o plástico?
O plástico é o elemento máis contaminante que existe, provocando verdadeiros estragos tanto na flora como na fauna. Os microplásticos que chegan ao mar e que comen os peixes, chegan outra vez a nosoutros. É fácil reducir o seu consumo, podemos empezar en casa reducindo o seu consumo como por exemplo utilizar bolsas de tela en lugar de bolas, evitando comprar cousas dun só uso dese material e cambiándoo por papel, comprando a granel e, por suposto, utilizando o contedor adecuado para el. Usa tu imaxinación cos xoguetes que xa non usan, tapóns, botellas, etc aos máis pequenos encantará e aprenderán a importancia da reciclaxe.
O uso indiscriminado do papel
A produción de papel está estreitamente ligada á corta de árbores. A perda anual de superficie forestal estímase en 7.3 millóns de hectáreas. En moitos lugares, substitúense as árbores centenarios e autóctonos por outros de crecemento rápido por cuestións económicas. Reciclando o papel contribúes a recuperar as masas forestais do noso planeta.
O papel representa o 18% dos residuos que xeramos ao día. Tristemente, en España, o 40% dos artigos elaborados a base de papel e cartón, acaba nos vertedoiros, unha cifra moi superior ao resto dos países europeos.
Debemos concienciarnos, non facer uso indebido nin compras compulsivas e utilizar as tres R: Reducir, Reciclar e Reutilizar, desta maneira lograremos frear o deterioro do noso planeta.


Comentarios
Publicar un comentario