Códigos de Barras e Requisitos das etiquetas

 

Dentro dos hábitos responsables é moi importante coñecer o que consumimos e como identificar a información que temos o noso alcance , para despois tomar unha decisión responsable na nosa compra.

Por iso neste proxecto o alumnado de 1º de formación profesional básica de servizos administrativos Tratamos de investigar e analizar que son e para que serven tanto os códigos de barra como as etiquetas do produtos.

Primeiramente empezamos pola escolla dos temas a tratar, e a selección dos grupos para a realización do proxecto.

Despois localizamos a información con distintos enlaces , seleccionamos dita información e fixemos un pequeno resumen de cada tema.

Despois de ter toda a información pasamos o deseño e presentación da mesma. Cada grupo escolleu un formato concreto realizado co procesador de textos de word para despois presentalo como un folleto.

O finalizar o folleto, na aula, cada grupo fixo unha presentación do seu traballo.

Realizaremos unha visita o supermercado, Aldi, para comprobar in situ o traballo realizado e facer unha pequena enquisa ( sempre que sexa posible) para comprobar o coñecemento que teñen os usuarios/as sobre o etiquetado e os códigos de barras.






Comentarios

Entradas populares